Boletín dixital

Subscribase ao boletín de novas de Tralusa.

Mantéñase puntualmente informado.

Introduza su correo electrónico

Nota legal

Regulamento de usuarios

Dereitos

  1. O usuario terá dereito a que lle sexa expedido título válido o aboar o seu importe.
  2. O usuario terá dereito á devolución da fianza da tarxeta ou canxeo da mesma, sempre e cando se atope en perfecto estado.
  3. Terán acceso gratuíto os nenos ata 4 anos (de 0 a 3 anos, ambos inclusive) sempre que viaxen acompañados dunha persoa maior en posesión do seu título de viaxe correspondente.
  4. Os usuarios terán dereito a acceder o autobús ca equipaxe de man, carriños de bebé ou outros vultos grandes, de acordo cos seguintes criterios:
    1. Os usuarios que desexen acceder ao autobús con carriños de bebé poderán facelo pola porta dianteira, previa autorización do conductor, sen obriga de dobrala, ocupando a plataforma central do vehículo para maior seguridade.
    2. Os usuarios que desexen acceder ao autobús en cadeiras de rodas poderán facelo pola porta dianteira do vehículo, sempre que estea provisto de rampla de acceso. No caso dos vehículos dotados con rampla de acceso manual será o acompañante o que deba abrila e gardala, seguindo as indicacións do conductor.
    3. Os usuarios que dexesen acceder ao autobús portando vultos ou efectos poderán facelo se o seu tamaño, clase, forma e calidade permite que sexa levado polos seus portadores sen restar espazo que deba ser utilizado para o tránsito ou ocupado polos viaxeiros, e sobre todo sen que molesten a estes nin ensucien o vehículo ou despidan olores desagradábeis.
    4. Non se permite o acceso o autobús con ningunha clase de animais, agás os invidentes debidamente acreditados con can-guía.
  5. Estarán a disposición dos usuarios libros de queixas e suxerencias en varios puntos da cidade, como por exemplo nas oficinas das empresas operadora e xestora.
Ir ao índice

Obrigas

  1. Os viaxeiros terán a obriga de conservar o título válido de viaxe sen deterioro e en condicións de control durante a sua permanencia no vehículo; así como exhibilo cando sexa requerido para elo polo conductor ou os servizos de inspección.
  2. No caso de billetes para colectivos especiais, o conductor e os servizos de inspección poderán solicitar o DNI ou o documento acreditativo da idade ou condición do usuario no caso de dúbida.
  3. O usuario deberá conservar o xustificante de última recarga da tarxeta, para que en caso de que falle a mesma, a empresa lle transpase as viaxes pendentes de uso. A entrega da nova tarxeta realizarase sen custo para o cliente sempre que a tarxeta entregada estea en prefectas condicións de mantemento.
  4. Á chegada do vehículo, o público subirá ao mesmo pola porta dianteira, permitíndose o uso das demais portas, exclusivamente, previa autorización do conductor.
  5. Cando o vehículo chegue á súa parada completo de público, non abrirá a porta dianteira para a subida.
  6. Se o vehículo fose case completo e non admitise máis que determinado número de viaxeiros, o conductor indicará os que poden subir.
  7. Unha vez xustificado o pago da viaxe, o usuario deberá pasar o interior del vehículo, sen entorpecer a circulación interior do mesmo e situándose cara a parte traseira, deixando libre as portas de saída e entrada.
  8. Para baixar do vehículo haberá de facelo polas portas traseiras.
  9. O vehículo deberá desaloxarse pola totalidade dos viaxeiros nas paradas de fin de liña. En consecuencia, quen desexe continuar a viaxe baixarase e gardará quenda para subir de novo o vehículo, a todos os efectos, como se o fixera por primeira vez.
  10. Os usuarios deberán comunicar coa antelación debida tanto a demanda de baixada como de subida.
Ir ao índice

Prohibicións

  1. Subir ou baixar do vehículo en movemento.
  2. Acceder ao vehículo sen o correspondente título ou acceder cun non válido pola condición do usuario.
  3. Encontrarse en calquera estado ou situación que atente contra o respeto aos restantes pasaxeiros.
  4. Subir ao vehículo cando o conductor ou os servizos de inspección fixeran a advertencia de atoparse completo.
  5. Fumar, comer e beber dentro do autobús.
  6. Entrar ou saír polas portas non destinadas a cada uso.
  7. Acceder en estado de embriaguez.
  8. Falar co conductor, a excepción de asuntos relacionados co servizo, e en ningún caso durante a marcha.
  9. Utilizar aparatos de son que molesten o resto dos usuarios.
  10. Arroxar obxectos polas fiestras e dentro do vehículo.
  11. Sacar calquera parte do corpo polas portas ou fiestras, cando o autobús está en marcha.
  12. Solicitar a parada fóra dos lugares destinados a tal efecto.
Ir ao índice

Sancións e control

Todo aquel usuario que permaneza no interior dun vehículo e non amose o correspondente título de viaxe ou bono cando llo soliciten os servizos de inspección da empresa operadora, ou non acredite a condición especial en caso de billetes ou bonos especiais, deberá aboar o billete ordinario ou facer uso dun bono de carácter xeral.

Santiago, Xuño de 2006

Ir ao índice