Boletín dixital

Subscribase ao boletín de novas de Tralusa.

Mantéñase puntualmente informado.

Introduza su correo electrónico

Nota legal

Normas de pago para os usuarios do transporte urbano

  1. O usuario aboará o billete con moedas ou billetes de curso legal sen deterioro que os invalide, e cunha cantidade máxima de 20 euros.
  2. O usuario aboará o bono ou a súa recarga con moedas ou billetes de curso legal, cunha cantidade que non exceda dos 20 euros (ou múltiplo seguinte dos 20 euros no caso de recargas superiores).

Os viaxeiros están obrigados a conservar o título válido de viaxe sen deterioro e en condición de control durante a súa permanencia no vehículo.

Os usuarios están obrigados a conservar o xustificante da última recarga da tarxeta, para que en caso de que falle a mesma, a empresa poda traspasarlles as viaxes pendentes de uso.